21 maio 2024

VISITA AO JOFRE

Hoxe fumos de visita ao Jofre para aprender como é un teatro por dentro. Atendeunos Antón, un traballador do teatro, máis concretamente da parte do escenario. 


Entramos ao escenario, e era enorme,  pero a parte  que deu mais           medo foi cando subimos tres pisos e puxemosnos nunha plataforma a mais de vinte metros😨. O lugar de iluminación ten uns cascos un pouco   raros porque ten que escoitar o que lle di alguén ao seu lado e o que lle din alguén polo auricular.Por último subimos ao balcón. 
 O pasamos xenial!!!
 










XA TEMOS CARTEL !!!

 WEADEIP compañía de ópera xa ten cartel!!!

Anunciamos que o próximo 6 de xuño terá lugar a representación da nosa ópera. Será no CEIP Plurilingüe Eladia Mariño, na sala de usos múltiples. "O GRAFITI DA VIDA", que é como se titula a obra,  terá dous pases: sesión de mañá, reservada para o alumnado do colexio; e sesión de tarde, para familiares e convidados (previa invitación).

Aquí tedes o cartel: