25 xaneiro 2024

DESCUBRINDO SOBRE MODA CON DÁNAE

 

Nesta sesión LÓVA visitounos unha deseñadora de moda, Dánae, que ten un estilo único.

Primeiro explicounos a diferencia entre unha estilista e unha deseñadora: a estilista é a que che axuda a elexir a roupa e diche cal che queda mellor. Por outra banda, a deseñadora, é a que deseña a roupa que levas no teu día a día.

Tamén nos ensinou como facer un bosquexo e unha ficha técnica.

Por último, fixemos unha actividade que consiste en ler unha historia e despois deseñar a roupa do protagonista, Zapatiño.

Cando marchaba, deunos uns botons super chulos.

Pasamolo xenial!!!😀 


Ningún comentario:

Publicar un comentario