Hoxe, 29 de
xaneiro,veu un profesional que nos falou da fotografía.
Chamase
Óscar Companioni.
Explicounos
o proceso de cambio da cámara de fotos ao longo da historia.
Primeiro,
explicou como funcionaban as distintas cámaras e quen as creou.
Antes,
as cámaras só captaban as persoas ou
cousas que non estaban en movemento e, as que se movían,non saían, porque a
cámara tardaba de
8-15
minutos en facer a foto.
Aprendimos
moitas cousas. Unha delas foi o mecanismo da cámara escura. Esta era unha caixa
de madeira cun pequeno burato polo que entraba a luz, que reflexaba unha imaxe
na parede. O problema era que a imaxe se reflexaba do revés.
Encantounos
aprender tantas cousas sobre a fotografía.
Grazas
de antemán por visitar o noso blog LÓVA, unha gran aperta a Óscar Companioni en
especial por explicarnos todo isto, e a todas as familias.
XASO
compañía de ópera.
Ningún comentario:
Publicar un comentario