20 febreiro 2025

Luns 17 de febreiro do 2025 ELECCIÓNS DAS PROFESIÓNS

 

Estamos moi nerviosos porque o pasado venres 14 de febreiro déronnos un papel onde tiñamos que escoller tres profesións para a

compañía. Que decisión tan difícil! Menos mal que tivemos todo o

fin de semana, que alivio!

Agora estamos impacientes porque están facendo entrevistas a algunhas persoas da nosa clase, que profesión nos tocará? Somos demasiado impacientes, queremos sabelo xa!

Esperemos que nos toque a que nós queremos.

Unha aperta

          

         XASO.

VANESA VISITA A NOSA COMPAÑÍA

 

OLA! Somos XASO compañía de ópera. Imos  explicarvos a visita de Vanesa á nosa clase. Os dous últimos venres veu ao noso cole a profesional Vanesa. Ensinounos moitas cousas sobre a perruquería e maquillaxe.

 

O primeiro venres explicounos a profesión de maquilladora. Impresionounos a súa chegada, porque viña maquillada con moitas  feridas na cara. Comentounos que as maquillaxes  tiñan que ser moi esaxerados. Aprendemos como facer feridas moi realistas, maqillar alguén de anciá...

 

O segundo venres veu para explicarnos como facer algúns peiteados ou poñer extensións ou perrucas. Escolleu voluntarios para ensinarnos alisar ou ondular o pelo con planchas, e engominar a alguén... E recomendounos algúns peiteados para os personaxes da nosa ópera.

 

E ata aquí toda a información sobre as visitas de Vanesa. Vémonos na próxima entrada do blog!

Un saúdo, XASO compañía de ópera.

Vestiario con Dánae Mariño

 

Ola! Ímosvos falar sobre outra visita.

Dánae ía vir o 29 de xaneiro pero non veu, porque en Lugo facía un temporal tremendo. Ao final veu o mércores da semana pasada,    

día 12 de febreiro.

Falounos sobre o que era un estilista de moda; pensabamos que era o mesmo que un/unha diseñador/a de moda,pero non o é.

Dánae ensinounos moitos tipos de complementos para confeccionar a roupa como a nós nos guste máis. Fixemos  unha actividade de ler unha historia para, logo, deseñar un traxe para un   personaxe do conto chamado “Zapatito”.

 

Ata a próxima!

 

XASO