20 febreiro 2025

VANESA VISITA A NOSA COMPAÑÍA

 

OLA! Somos XASO compañía de ópera. Imos  explicarvos a visita de Vanesa á nosa clase. Os dous últimos venres veu ao noso cole a profesional Vanesa. Ensinounos moitas cousas sobre a perruquería e maquillaxe.

 

O primeiro venres explicounos a profesión de maquilladora. Impresionounos a súa chegada, porque viña maquillada con moitas  feridas na cara. Comentounos que as maquillaxes  tiñan que ser moi esaxerados. Aprendemos como facer feridas moi realistas, maqillar alguén de anciá...

 

O segundo venres veu para explicarnos como facer algúns peiteados ou poñer extensións ou perrucas. Escolleu voluntarios para ensinarnos alisar ou ondular o pelo con planchas, e engominar a alguén... E recomendounos algúns peiteados para os personaxes da nosa ópera.

 

E ata aquí toda a información sobre as visitas de Vanesa. Vémonos na próxima entrada do blog!

Un saúdo, XASO compañía de ópera.

Ningún comentario:

Publicar un comentario