23 abril 2025

Visita de Clara

Ola! Hoxe día 14 de febreiro veu Clara (a directora do colexio) a ensinarnos como é ser directora.



A visita foi na hora de inglés para así non perder tempo de LÓVA. Na profesión de direción hai que ser duro/a, optimista para non extresar ao resto da compañía e ser tamén responsable.

Nós non sabiamos nada da súa visita ata que veu, colleunos por sorpresa! Foi unha sorpresa moi agradable xa que Clara foi a nosa profesora durante catro anos.


Unha aperta,


XASO.

XA TEMOS PROFESIÓNS!

Hoxe 14 de marzo déronnos... as profesións!!!

As profesoras xa se decidiron sobre as profesións. Ninguén se esperaba o que estaba a acontecer, xa que todos os días lles preguntábamos: Cando nos dades as profesións ? E por un día que non lles preguntamos, nolas dan.



A todos gustáronnos as nosas profesións, a demais todas as profesións as habíamos posto na ficha de eleccións. A cada un déronlle unha bolsa onde había algunhas cousas que nos poderían axudar coas nosas profesións e tamén algún agasallo.




Ata o próximo día,




XASO compañía de ópera.




O JOFRE





Hoxe XASO compañía de ópera foise a visitar o teatro Jofre, para aprender máis información sobre como son os teatros por dentro.




Ensináronos onde sentábase as persoas máis importantes, e incluso leváronos as butacas de enriba de todo. E coidado coas persoas que teñan vertixe, porque ao mellor lévanse un gran susto 😨. Vimos moitas cousas , entre elas o escenario e o camerino onde maquillan aos actores, foi alucinante. Todo era moi bonito, xa que un electricista do teatro ía cambiando a luz do escenario.




Explicáronos como é unha caixa negra (por certo unha caixa negra son uns panos negros que poden ampliar ou diminuír o fondo).




En todo caso foi alucinante.




Ata a próxima!!!







XASO