23 abril 2025

O JOFRE





Hoxe XASO compañía de ópera foise a visitar o teatro Jofre, para aprender máis información sobre como son os teatros por dentro.




Ensináronos onde sentábase as persoas máis importantes, e incluso leváronos as butacas de enriba de todo. E coidado coas persoas que teñan vertixe, porque ao mellor lévanse un gran susto 😨. Vimos moitas cousas , entre elas o escenario e o camerino onde maquillan aos actores, foi alucinante. Todo era moi bonito, xa que un electricista do teatro ía cambiando a luz do escenario.




Explicáronos como é unha caixa negra (por certo unha caixa negra son uns panos negros que poden ampliar ou diminuír o fondo).




En todo caso foi alucinante.




Ata a próxima!!!







XASO

Ningún comentario:

Publicar un comentario