Nesta entrada do blogue imos contar como foi a visita ao teatro Jofre.
Ao entrar neste teatro contáronnos un pouco da súa historia e o por que do seu nome. Este último è así por un indiano que foi o que financiou o teatro cos seus cartos. Logo subimos para ver a clase nobre do teatro, que era onde a xente con cartos paraba para falar entre obra è obra. Tamén vimos os palcos e outros sitios moi interesantes. Cando baixamos ensinounos o patio de butacas, o escenario, os distintos tipos de telón que hai, e onde se poñen o director e os músicos nas óperas. Tamén nos ensinaron os camerinos onde os actores e actrices se cambian.
Espero que esta entrada vos gustara tanto como a visita ao Jofre a nos e vémonos na seguinte!
Ningún comentario:
Publicar un comentario