XASO xa ten cartel !!! 😀
Custounos un pouco, pero xa temos o cartel. A estrea vai ser o próximo 6 de xuño. A obra titúlase: "A PARTE AMARGA DO 🧁PASTEL🧁",nome que eliximos moi recentemente. A obra vai ser en usos múltiples do noso colexio (Eladia Mariño). Vai haber dous pases: 1º para os nenos/as do colexio a unha da tarde e o 2º para os pais, nais e invitados especiais as cinco da tarde. A entrada vai ser completamente gratuíta, pero só podes vir se tes invitación, por suposto.
Un saúdo,
XASO.
Aquí tendes unha foto do cartel:
27 maio 2025
XASO XA TEN CARTEL !!!
23 abril 2025
Visita de Clara
Ola! Hoxe día 14 de febreiro veu Clara (a directora do colexio) a ensinarnos como é ser directora.
A visita foi na hora de inglés para así non perder tempo de LÓVA. Na profesión de direción hai que ser duro/a, optimista para non extresar ao resto da compañía e ser tamén responsable.
Nós non sabiamos nada da súa visita ata que veu, colleunos por sorpresa! Foi unha sorpresa moi agradable xa que Clara foi a nosa profesora durante catro anos.
Unha aperta,
XASO.
XA TEMOS PROFESIÓNS!
As profesoras xa se decidiron sobre as profesións. Ninguén se esperaba o que estaba a acontecer, xa que todos os días lles preguntábamos: Cando nos dades as profesións ? E por un día que non lles preguntamos, nolas dan.
A todos gustáronnos as nosas profesións, a demais todas as profesións as habíamos posto na ficha de eleccións. A cada un déronlle unha bolsa onde había algunhas cousas que nos poderían axudar coas nosas profesións e tamén algún agasallo.
Ata o próximo día,
XASO compañía de ópera.
O JOFRE
Hoxe XASO compañía de ópera foise a visitar o teatro Jofre, para aprender máis información sobre como son os teatros por dentro.
Ensináronos onde sentábase as persoas máis importantes, e incluso leváronos as butacas de enriba de todo. E coidado coas persoas que teñan vertixe, porque ao mellor lévanse un gran susto 😨. Vimos moitas cousas , entre elas o escenario e o camerino onde maquillan aos actores, foi alucinante. Todo era moi bonito, xa que un electricista do teatro ía cambiando a luz do escenario.
Explicáronos como é unha caixa negra (por certo unha caixa negra son uns panos negros que poden ampliar ou diminuír o fondo).
En todo caso foi alucinante.
Ata a próxima!!!
XASO
20 febreiro 2025
Luns 17 de febreiro do 2025 ELECCIÓNS DAS PROFESIÓNS
Estamos moi nerviosos
porque o pasado venres 14 de febreiro déronnos un papel onde tiñamos que escoller
tres profesións para a
compañía. Que decisión
tan difícil! Menos mal que tivemos todo o
fin de semana, que
alivio!
Agora estamos
impacientes porque están facendo entrevistas a algunhas persoas da nosa clase,
que profesión nos tocará? Somos demasiado impacientes, queremos sabelo xa!
Esperemos que nos
toque a que nós queremos.
Unha aperta
XASO.
VANESA VISITA A NOSA COMPAÑÍA
OLA! Somos XASO
compañía de ópera. Imos explicarvos a
visita de Vanesa á nosa clase. Os dous últimos venres veu ao noso cole a
profesional Vanesa. Ensinounos moitas cousas sobre a perruquería e maquillaxe.
O primeiro venres
explicounos a profesión de maquilladora. Impresionounos a súa chegada, porque
viña maquillada con moitas feridas na
cara. Comentounos que as maquillaxes
tiñan que ser moi esaxerados. Aprendemos como facer feridas moi realistas,
maqillar alguén de anciá...
O segundo venres veu
para explicarnos como facer algúns peiteados ou poñer extensións ou perrucas.
Escolleu voluntarios para ensinarnos alisar ou ondular o pelo con planchas, e
engominar a alguén... E recomendounos algúns peiteados para os personaxes da
nosa ópera.
E ata aquí toda a
información sobre as visitas de Vanesa. Vémonos na próxima entrada do blog!
Un saúdo, XASO
compañía de ópera.
Vestiario con Dánae Mariño
Ola! Ímosvos falar
sobre outra visita.
Dánae ía vir o 29 de
xaneiro pero non veu, porque en Lugo facía un temporal tremendo. Ao final veu o
mércores da semana pasada,
día 12 de febreiro.
Falounos sobre o que
era un estilista de moda; pensabamos que era o mesmo que un/unha diseñador/a de
moda,pero non o é.
Dánae ensinounos
moitos tipos de complementos para confeccionar a roupa como a nós nos guste
máis. Fixemos unha actividade de ler
unha historia para, logo, deseñar un traxe para un personaxe do conto chamado “Zapatito”.
Ata a próxima!
XASO
29 xaneiro 2025
outro profesional!
Hoxe, 29 de
xaneiro,veu un profesional que nos falou da fotografía.
Chamase
Óscar Companioni.
Explicounos
o proceso de cambio da cámara de fotos ao longo da historia.
Primeiro,
explicou como funcionaban as distintas cámaras e quen as creou.
Antes,
as cámaras só captaban as persoas ou
cousas que non estaban en movemento e, as que se movían,non saían, porque a
cámara tardaba de
8-15
minutos en facer a foto.
Aprendimos
moitas cousas. Unha delas foi o mecanismo da cámara escura. Esta era unha caixa
de madeira cun pequeno burato polo que entraba a luz, que reflexaba unha imaxe
na parede. O problema era que a imaxe se reflexaba do revés.
Encantounos
aprender tantas cousas sobre a fotografía.
Grazas
de antemán por visitar o noso blog LÓVA, unha gran aperta a Óscar Companioni en
especial por explicarnos todo isto, e a todas as familias.
XASO
compañía de ópera.
17 xaneiro 2025
CHEGOU A SEGUNDA VISITA
O día 2 de decembro
chegou o segundo profesional á nosa clase. Chamase
Iago Varela Martinez.
Traballa no marketing, ensinounos como é ser RRPP
(Relacións públicas).
Axudounos a saber como patrocinar a nosa ópera. Ensinounos a facer un convite e
unha nota de prensa, recomendounos moi-
tas cousas, como por
exemplo: a data para comezar a publicar a nosa ópera, a quenes poderíamos
convidar, etc.
Dímoslle un remo
pequeno e moi bonito como o remo que lle fixemos a Lucinio Medel como os que
lle vamos a facer todas as visitas.
Unha aperta a tod@s
XASO compañía de
ópera.
PRIMEIRO PROFESIONAL
Bos días:
O pasado día 15 de novembro,veu a visitarnos o profesional
Lucinio Medel Iglesias. Explicounos os seus oficios como músico,escritor e
profesor de teatro. Contounos o que tiñamos que realizar e ter en conta para
escribir o guión. Tamén nos explicou sobre o tipo de cancións que podemos
compoñer. Ademais deunos grandes consellos de como ter un bo guión e como
facelo.Por exemplo para
inspirarnos,podemos fixarnos no que temos ao noso redor.
Agradecemos
moito que viñera,porque grazas a el
avanzamos
na compañía.
O mercadillo
Hoxe día venres 8 de novembro fixemos un mercadillo para recaudar os nosos gastos. Fixemos tres quendas para vender pero, rematamos sendo menos polo rápido que mercan os familiares que foron a festa do Magosto.
Vendimos todas las
cousas que fixemos durante este tempo. Costounos moito pero valeu a pena todo o
traballo que fixemos.
Os horarios foron
dende 12:30 ata as 13:15.
Moitisimas grazas por
axudarnos tanto neste progreso.
Unha aperta XASO compañia de ópera