09 xaneiro 2026

VISITA DE BRAIS REI

 Hoxe imos falarvos sobre o dramaturgo, intérprete e director Brais Rei Campos, que visitou a nosa compañía 4 de decembro. Tamén se dedica á animación infantil.

Primeiro falounos del e fíxemoslle algunhas preguntas. Despois explicounos cousas fundamentais sobre ser intérprete e como sentir as emocións realmente do personaxe que interpretas.

Ademais diso, ao final fixemos un xogo no que iamos camiñando pola aula e se dicía un número coma o 1 tiñamos que saltar, se dicía 4 tiñamos que pensar unha palabra...

Moitas grazas por visitarnos, Brais e por ensinarnos tantas cousas!









12 decembro 2025

VISITA DE DÁNAE MARIÑO

 Dánae Mariño é unha deseñadora de roupa ecolóxica exclusiva. Ten unha marca propia chamada Dánae Mariño, coma o seu nome. Tamén ten unha tenda ubicada en Chantada (Lugo). 

Dánae ensinounos varios tecidos, teas e accesorios moi bonitos. Demostrounos que calquera cousa serve para facer roupa.

Ensinounos a deseñar, xa que repartiu un conto que se titulaba "Polo, el monstruo sin ropa". Tivemos que deseñar a roupa de Polo, debuxando.

A visita foi moi interesante, desexamos ter máis coma esta.

Estámosche moi agradecid@s, Dánae. 



05 decembro 2025

VISITA DE IAGO VARELA

 O pasado 27 de novembro veu o primeiro profesional, chamado Iago Varela, para explicarnos o seu traballo como relacións públicas. 

Aprendimos moito coas súas explicacións, como por exemplo a elaborar carteis publicitarios ou facer listaxes de invitados.

Destacou que é moi importante ter nos ensaios os decorados e un calendario de organización, ter un sitio onde a xente espere e o número de cadeiras para persoas con mobilidade reducida. Ademais é necesario poñer un prazo para confirmar a asistencia, onde se celebra a ópera, o número de acompañantes, o lugar e hora.

Moitas grazas Iago! 

Estamos desexando que veñan outros profesionais a visitarnos.



17 novembro 2025

MERCADIÑO NO MAGOSTO


 O 10 de novembro fixemos un mercadiño onde puidestes mercar as cousas que fixemos a man entre todos e todas.

Moitas grazas a todas as familias por mercar os nosos produtos!

Usaremos ese diñeiro para facernos co necesario para facer a nosa ópera.

GRAZAS!


06 novembro 2025

XA TEMOS LOGO


Que significa o noso logo?
Para unhas persoas significa que estamos todos xuntos celebrando o final da ópera e que nos quedou xenial.
Para outras persoas parece que coa forza de toda a clase estamos a pechar un volcán cun tapón xigante co nome de ANIGANI.


15 outubro 2025

A nova compañía de ópera

 Ola! Somos ANIGANI, a nova compañía de ópera do Eladia Mariño.

Estamos moi emocionad@s, felices e nervios@s por todo o que vai a suceder en LÓVA este curso.

O noso nome, ANIGANI, significa “AMIG@S”, e fíxoo Ian, membro da compañía e moi importante para nós.

Pensamos que este nome representa á nosa clase porque todos somos amig@s e tamén é moi orixinal.



27 maio 2025

XASO XA TEN CARTEL !!!

XASO xa ten cartel !!! 😀




Custounos un pouco, pero xa temos o cartel. A estrea vai ser o próximo 6 de xuño. A obra titúlase: "A PARTE AMARGA DO 🧁PASTEL🧁",nome que eliximos moi recentemente. A obra vai ser en usos múltiples do noso colexio (Eladia Mariño). Vai haber dous pases: 1º para os nenos/as do colexio a unha da tarde e o 2º para os pais, nais e invitados especiais as cinco da tarde. A entrada vai ser completamente gratuíta, pero só podes vir se tes invitación, por suposto.







Un saúdo,


XASO.




Aquí tendes unha foto do cartel: