22 novembro 2023

Entrevista a Soledad Felloza

Queremos compartir con vós a nosa entrevista  a Soledad Felloza, unha muller moi traballadora e polifacética. Ela é escritora, directora, actriz e fotógrafa.

 Deunos un montón de información para axudarnos coas profesións. Contounos que ser directora é moi duro porque tes que estar a cargo de toda a obra e iso implica moita responsabilidade. Para esta profesión hai que ter moita paciencia e empatía. Tamén nos aconsellou escribir tanto en ordenador como en papel porque as dúas son útiles para diferentes momentos. Ademais díxonos que ela levaba unha libretiña por se algo a inspiraba para escribir. Alén compartiu con nós un pequeno truco para @s intérpretes que consite en que quentemos a voz antes de sair ao escenario. E por último, recomendounos que relaxaramos e respiraramos profundamente para non ter pánico escénico,.

Encantounos esta entrevista!!! Moitas grazas, Sole!!!




17 novembro 2023

Temos todo vendido!

Autofinanciación significa preparar un plan para conseguir cartos co obxectivo de mercar material para a nosa ópera.

Durante varias sesións LÓVA, fomos preparando o material que iamos vender no Magosto. Elaboramos bolsas Tie-dye, cadernos, marcapáxinas, chaveiros e obras de arte feitas na clase.  Para chegar a isto hai moito traballo e esforzo detrás!

Cando chegou o momento de vender estabamos moi nervios@s, xa que era a primeira vez. Dividímonos en catro grupos e cada un tivo trinta minutos para vender no posto que montamos ao lado da porta do pavillón. Por iso o primeiro grupo tivo moito traballo porque viña moita xente xunta a comprar para non quedar coas mans baleiras. Segundo pasaban os trinta minutos esgotábanse os produtos, e o último grupo acabou vendendo o que quedaba. 

 Estamos moi orgullosos do noso traballo e que gustara tanto á xente.