17 novembro 2023

Temos todo vendido!

Autofinanciación significa preparar un plan para conseguir cartos co obxectivo de mercar material para a nosa ópera.

Durante varias sesións LÓVA, fomos preparando o material que iamos vender no Magosto. Elaboramos bolsas Tie-dye, cadernos, marcapáxinas, chaveiros e obras de arte feitas na clase.  Para chegar a isto hai moito traballo e esforzo detrás!

Cando chegou o momento de vender estabamos moi nervios@s, xa que era a primeira vez. Dividímonos en catro grupos e cada un tivo trinta minutos para vender no posto que montamos ao lado da porta do pavillón. Por iso o primeiro grupo tivo moito traballo porque viña moita xente xunta a comprar para non quedar coas mans baleiras. Segundo pasaban os trinta minutos esgotábanse os produtos, e o último grupo acabou vendendo o que quedaba. 

 Estamos moi orgullosos do noso traballo e que gustara tanto á xente. 











Ningún comentario:

Publicar un comentario