18 outubro 2023

“A alfombra máxica”

 Hoxe na clase de LÓVA fixemos unha dinámica chamada “ A alfombra máxica”.

Seguramente vos estaredes preguntando que é unha dinámica, pois é un "xogo" co que aprendemos algo.

A "alfombra máxica" consiste en darlle a volta a unha lona con tod@s enriba dela e se pisas fóra vólvese a comezar.

O primeiro día intentámolo e non o conseguimos, pero hoxe…. XA O LOGRAMOS!!! Empregamos unha técnica na que un de nós se puxo na punta da lona e fomos dobrándoa ata que tod@s estiveramos no outro lado. Repetímolo bastantes veces xa que pisabamos fóra a miúdo, pero escoitándonos e probando as ideas d@s compañeir@s resolvémolo facilmente.

Sentímonos moi ben ao facelo e encantounos.





16 outubro 2023

Logotipo

 Somos Weadeip compañía de ópera e hoxe imos contarvos unha noticia moi importante. XA TEMOS LOGO!!!!

Queredes saber como o fixemos? Primeiro descartamos logotipos que previamente creamos en plástica; logo, cando so quedaban dous, cada un de nós tivemos que escoller o logo que máis nos representaba como compañía. Ao final,  argumentando e debatindo eleximos este logo:


 Por certo, non nos gusta, flípanos!!! Parécenos súper "chanchi"!!!

02 outubro 2023

BENVID@S, SOMOS WEADEIP COMPAÑÍA DE ÓPERA!

 Voltamos un ano máis co proxecto LÓVA!!!

Somos 14 nenos e nenas de quinto de primaria moi ilusionad@s por formar parte deste proxecto que xa leva cinco compañías ás costas.

O noso nome, WEADEIP, significa "With Effort and Dedication Everything Is Possible"; en galego, "con esforzo e dedicación todo é posible". Escollémolo bastante rápido grazas a debates e moita reflexión.

Durante o curso traballeremos para sacar adiante a ópera. 

Estade tod@s atent@s a este blog porque proximamente publicaremos máis contidos.

Ata próxima!