24 marzo 2020

Dinámica "Pasa o Aro"


Bo día somos a compañía de ópera ANNECY.

Hoxe vós explicaremos unha dinámica, que foi moi divertida!


A dinamica ``pasa o aro´´

Consisteu en poñerse todos nunha fila, collerse das mans e pasar o aro sen :

-que o aro tocara o chan.
-falar.
-soltarnos das mans.
-usar as mans.

A primeira vez alguen falou e tivemos que volver a empezar. A segunda usaron as mans varios, pero a terceira vai a vencida! E foi verdade, a terceira o conseguimos, o aro pasou por vintedúas persoas sen falar e sen tocar o chan .


OLELÉ

Hoxe vimos as mestras por aquí para deixarvos esta canción que tanto significa para nós e vós, para LÓVA, e que podemos compartir coa época que estamos a vivir. 

Rememos xuntas! 

A PONTE HUMANA



A dinámica da ponte humana foi moi divertida, pero tamén difícil. Consistía en coordinarse, se non había coordinación a ponte non funcionaba. Un grupo conseguiuno porque levaban coordinación e agarrábanse os uns aos outros cando Ían  ata o final. Polo contrario a outra ponte non, non sabían como facer e era un caos total.  Se non querías caer tiñas que abrazar ao teu compañeiro ben forte. As profesoras, aos nenos que o conseguiron, mandáronlles mirar como o facían os outros para ver os fallos que tiveron e despois comentalos.


Xa temos profesións!!!


Bos días somos a compañía de ópera 
ANNECY.


Xa temos profesións!!!

-A directora da nosa compañia e PAULA
-A rexedora da nosa compañía e MARTIÑA
-Os relacións públicas da nosa compañía son CARLOS E LOIS
-Os documentalistas da nosa compañía son CARLA E HUGO
-Os intérpretes da nosa compañía  son XOANA, XABIER, MARIO, LUCIA L. E NOA
-Os compositores da nosa compañía son ADRIAN, LUCIA C. E XABI PÉREZ
-Os iluminadores da nosa compañía son IKER E PABLO
-Os de maquillaxe e vestuario da nosa compañía son BRUNO E XERARDO 
-As escritoras da nosa compañía son AITANA E INÉS




21 marzo 2020

Dinámica do teléfono estropeado con mímica



Consiste en formar unha única fila con todos os compañeiros da clase para pasar unha mensaxe(que nos da mestra) dun a outro mendiante xestos. O éxito se consigue se o último compañeiro consigue retransmitir a mensaxe orixinal.
Na clase se intentou varias veces sen éxito, porque algúns estaban bastante despistados, non prestaban atención aos seus compañeiros e facían o primero que se lles ocorría. Por eso compañeiros, ¡¡invítovos a volver a intentalo!!. Ánimo se prestamos máis atención e poñemos más interés podemos facer unha dinámica moi divertida.