30 xaneiro 2024

DESCUBRINDO SOBRE MAQUILLAXE E PERRUQUERÍA CON VANESA ROCA.

 Hoxe o pasamos xenial! 

E  preguntarédesvos: Por que? 

Na sesión de LÓVA, veu Vanesa que é perruqueira. Ensinounos moitas cousas divertidas e interesantes.

Cando chegou gastounos unha broma porque viña cunha ferida na man. Resulta que chegou decindo que se pillou o dedo coa porta, eparecía que estaba sangrando. Estaba tan ben feita que nos crimos a broma.

A continuación seleccionou a un compañeiro e lle puso unhas extensións de vikinga. 

Despois dixémoslle que tiñamos de personaxe un avó e ensinounos a maquillar a alguén de avó.

 

 

 A continuación, lle puso unha perruca a nosa compañeira.

 



Elixiu a dous compañeiros para que practicaran a facelo. Logo Vanesa ensinos a facer ben feridas de mentira e ... Eran moi realistas!

 Tamén díxonos moitísimos trucos para maquillaxe e peiteado, e que déixanos o seu maletín!

Gustounos moito a todos.

Grazas Vanesa!


 

25 xaneiro 2024

DESCUBRINDO SOBRE MODA CON DÁNAE

 

Nesta sesión LÓVA visitounos unha deseñadora de moda, Dánae, que ten un estilo único.

Primeiro explicounos a diferencia entre unha estilista e unha deseñadora: a estilista é a que che axuda a elexir a roupa e diche cal che queda mellor. Por outra banda, a deseñadora, é a que deseña a roupa que levas no teu día a día.

Tamén nos ensinou como facer un bosquexo e unha ficha técnica.

Por último, fixemos unha actividade que consiste en ler unha historia e despois deseñar a roupa do protagonista, Zapatiño.

Cando marchaba, deunos uns botons super chulos.

Pasamolo xenial!!!😀 


17 xaneiro 2024

APRENDENDO SOBRE FOTOGRAFÍA CON ÓSCAR COMPANIONI

 

Hoxe veu o noso invitado experto en fotógrafía ,ensinounos de onde sacou a inspiración. Inspirouse no seu avó, tamén nos mostrou unha caixa que tiña un burato cun negativo,que facía ver as cousas ao revés.

Antes diso contounos moitas cousas interesantes sobre a fotografía,por exemplo:a primeira foto que se fixo e que foi enviada,aparte tardabase 15 minutos en facerse unha foto.

 


 Antes de irse ensinounos unha caixa que representaba unha cámara das antigas. A través da caixa vese, pero ao reves.



Aprendimos moito e encantounos todo o que nos contou Óscar. Moitas grazas!!!