Ola! Hoxe día 14 de febreiro veu Clara (a directora do colexio) a ensinarnos como é ser directora.
A visita foi na hora de inglés para así non perder tempo de LÓVA. Na profesión de direción hai que ser duro/a, optimista para non extresar ao resto da compañía e ser tamén responsable.
Nós non sabiamos nada da súa visita ata que veu, colleunos por sorpresa! Foi unha sorpresa moi agradable xa que Clara foi a nosa profesora durante catro anos.
Unha aperta,
XASO.