29 xaneiro 2025

outro profesional!

 

Hoxe, 29 de xaneiro,veu un profesional que nos falou da fotografía.

Chamase Óscar Companioni.

Explicounos o proceso de cambio da cámara de fotos ao longo da historia.

Primeiro, explicou como funcionaban as distintas cámaras e quen as creou.

Antes, as cámaras só  captaban as persoas ou cousas que non estaban en movemento e, as que se movían,non saían, porque a cámara tardaba de

8-15 minutos en facer a foto.

Aprendimos moitas cousas. Unha delas foi o mecanismo da cámara escura. Esta era unha caixa de madeira cun pequeno burato polo que entraba a luz, que reflexaba unha imaxe na parede. O problema era que a imaxe se reflexaba do revés.

Encantounos aprender tantas cousas sobre a fotografía.

Grazas de antemán por visitar o noso blog LÓVA, unha gran aperta a Óscar Companioni en especial por explicarnos todo isto, e a todas as familias.

 

XASO compañía de ópera.

17 xaneiro 2025

CHEGOU A SEGUNDA VISITA

 

O día 2 de decembro chegou o segundo profesional á nosa clase. Chamase

Iago Varela Martinez. Traballa no marketing, ensinounos como é ser RRPP

(Relacións públicas). Axudounos a saber como patrocinar a nosa ópera. Ensinounos a facer un convite e unha nota de prensa, recomendounos moi-

tas cousas, como por exemplo: a data para comezar a publicar a nosa ópera, a quenes poderíamos convidar, etc.

Dímoslle un remo pequeno e moi bonito como o remo que lle fixemos a Lucinio Medel como os que lle vamos a facer todas as visitas.

 

Unha aperta a tod@s




 

XASO compañía de ópera.

PRIMEIRO PROFESIONAL

 Bos días:

O pasado día 15 de novembro,veu a visitarnos o profesional Lucinio Medel Iglesias. Explicounos os seus oficios como músico,escritor e profesor de teatro. Contounos o que tiñamos que realizar e ter en conta para escribir o guión. Tamén nos explicou sobre o tipo de cancións que podemos compoñer. Ademais deunos grandes consellos de como ter un bo guión e como facelo.Por  exemplo para inspirarnos,podemos fixarnos no que temos ao noso redor.

Agradecemos moito que viñera,porque grazas a el

avanzamos na compañía.

Adeus!!!


O mercadillo

 Hoxe día venres 8 de novembro fixemos un mercadillo para recaudar os nosos gastos. Fixemos tres quendas para vender pero, rematamos sendo menos polo rápido que mercan os familiares que foron a festa do Magosto.

Vendimos todas las cousas que fixemos durante este tempo. Costounos moito pero valeu a pena todo o traballo que fixemos.

Os horarios foron dende 12:30 ata as 13:15.

 

Moitisimas grazas por axudarnos tanto neste progreso.

 

Unha aperta XASO compañia de ópera