25 maio 2026

O CARTEL

Ola, hoxe falareivos do noso cartel. Para publicar a nosa estrea fixemos un cartel. Este e o noso:

 


E moi bonito. Grazas por visitar o noso bloogue.

19 maio 2026

CLARA DIRECTORA.

 O día 15 de xaneiro veu axudar Clara sobre dirección.

Explicounos o máis inportante da súa profesión. Por exemplo:que se se alguen fai algo mal tes que axudadale para que o faga ven, que as cousas hai que facelas con cariño e moitas cousas máis.

Grazas a ela moitos compañeiros se propuxeron ser director.

Grazas por visitar o noso blogue.

16 abril 2026

Entrega profesións

 No mes de marzo entregáronnos as profesións.Foi un día moi emocionante!A continuación veredes as distintas profesións de cada menbro da compañía:

-Àlex: director e rexedor.

-Martín:escenógrafo.

-Andrès e Jesùs: mùsicos.

-Miguel:documentalista.

-Xabi:relciòns públicas.

-Rafa, Leo, Gris, Cali y Felipe: intérpretes e escritores

- Martina: maquillaxe e perruquería.

- Iker e Ian:iluminadores.

A cada membro da nosa compañía està moi alegre ainda que ao principio bastantes nenos/as non estaban moi convencidos.

Grazas por visitar o noso blogue.



ENTRADA DA DINÁMICA ZIP, ZAP E BOB.

 Nesta entrada ensinareivos a facer a dinámica zip, zap e bob.

Primeiro direivos en que consiste esta dinámica: O primeiro obxectivo e pasar a enrxía  dunhas persoas a outras. Agora veredes as "normas" de esta dinámica:

Para pasar a enerxía cara a esquerda hai que dicir zip. Para pasar a enerxía cara a dereita hai que dicir zap. E a última opción é bob que podes pasar a enerxía á persoa que queiras.Grazas por visitar o noso blogue. 


14 abril 2026

ISA E CAROLINA

 


O pasado luns 9 de febreiro de 2026 viñeron unhas profesionais chamadas Isa e Carolina.

A primeira cousa que nos expliceron foi que con tres elementos podemos ver moitas cousas.Dixeronos que hai cambios que se poden facer a simple vista.

Tamen nos ensinaron uns papeis de cores que serben para cambiar a luz dos focos,con papel de aluminio podense facer formas para as actacions.Logo amosaronos unhas fotos dunha compañia que non fala noas óperas. Dixeronos que alguns obxectos colleronnos do punto limpo. Eensinaronnos as obras mais dificiles que fixeron.

Grazas pola vosa atenciòn.



BANESA NO ELADIA

 O dìa 29 de xaneiro e o 5 de febriro visitounos Banesa, profesional en maquillaxe e perruquería.


En maquillaxe ensinounos a facer feridas falsas cun material chamado carne falsa. A "carne" hai que darlle forma e extendela pola pel. Se queres sangue precisase unha esponxa porosa e botarlle un liquido. Cando rematas a ferida sentes unha sensacioión, un tanto rara.Pasamos a outro maquillaxe, no que convertimos a Xabi en ancíano.Banesa votoulle maquillaxe branco para poñelo pálido, puxolle enrrugas.Tamén lle puxo os pomulos baixos.con un lapis branco puxolle as errugas mais intensas é tamén pos translucidos para facelo mais realistas. Banesa maquillou a Sandra para facer a Sandra mais guapas, tamén lle puxo nos pó mulos. Marcoulle o párpado para para poñerlle o eque se chama sombra "clara". Puxolle un deliniador e despois iluminoulle a parte da lágrima dos ollos botoulle "rimel" e pintoulle os beizos cun perfilador.


O 5 de febriro volveu Banesa pero esta vez por perruquería.Banesa púxolle extensións a Martina e despois unha perruca. Rizoulle o pelo coa plancha. Logo rizoulle o pelo coa plancha. Iker ,Alex, Xabi e Leo... intentarono. Logo púxolle unha trenza de cor morada, ainda que Banesa alisouna e colleu unha pequena parte. Puxo a Iker calvo cunha calva, foi moi gracioso. Tamén puxo a Miguel calvo, desopois a Leo e despois a Martín tinguiu o pelo de azul a Andrés,Xabi,Álex, Felipe, Martín e Leo. Demos ideas para ver como ían peinados, tinguidos... . Mostrounos os tipos de tesoiras de perruquería: de cabaleiro,de señora ou de entresacar.

Grazas por ver esta entrada.Vemonos na seguinte etrada. 



08 abril 2026

VISITA AO JOFRE

Nesta entrada do blogue imos contar como foi a visita ao teatro Jofre.
Ao entrar neste teatro contáronnos un pouco da súa historia e o por que do seu nome. Este último è así por un indiano que foi o que financiou o teatro cos seus cartos. Logo subimos para ver a clase nobre do teatro, que era onde a xente con cartos paraba para falar entre obra è obra. Tamén vimos os palcos e outros sitios moi interesantes. Cando baixamos ensinounos o patio de butacas, o escenario, os distintos tipos de telón que hai, e onde se poñen o director e os músicos nas óperas. Tamén nos ensinaron os camerinos onde os actores e actrices se cambian.
Espero que esta entrada vos gustara tanto como a visita ao Jofre a nos e vémonos na seguinte!   

LUCINIO NO ELADIA

 Hoxe veu un profesional chamado Lucino, nesta entrada imos falarvos do que nos contou. Ensinounos cousas moi interesantes sobre as profesións de escritor/a e musico/a, por exemplo que pode haber extras, que que non digamos frases que fagan dano a outras persoas, que para facer unha canción hai que ir probando, e segundo a emoción e a situación temos que facela dunha maneira ou moitas cousas máis.

Grazas. Vémonos na seguinte entrada!

09 xaneiro 2026

VISITA DE BRAIS REI

 Hoxe imos falarvos sobre o dramaturgo, intérprete e director Brais Rei Campos, que visitou a nosa compañía 4 de decembro. Tamén se dedica á animación infantil.

Primeiro falounos del e fíxemoslle algunhas preguntas. Despois explicounos cousas fundamentais sobre ser intérprete e como sentir as emocións realmente do personaxe que interpretas.

Ademais diso, ao final fixemos un xogo no que iamos camiñando pola aula e se dicía un número coma o 1 tiñamos que saltar, se dicía 4 tiñamos que pensar unha palabra...

Moitas grazas por visitarnos, Brais e por ensinarnos tantas cousas!









12 decembro 2025

VISITA DE DÁNAE MARIÑO

 Dánae Mariño é unha deseñadora de roupa ecolóxica exclusiva. Ten unha marca propia chamada Dánae Mariño, coma o seu nome. Tamén ten unha tenda ubicada en Chantada (Lugo). 

Dánae ensinounos varios tecidos, teas e accesorios moi bonitos. Demostrounos que calquera cousa serve para facer roupa.

Ensinounos a deseñar, xa que repartiu un conto que se titulaba "Polo, el monstruo sin ropa". Tivemos que deseñar a roupa de Polo, debuxando.

A visita foi moi interesante, desexamos ter máis coma esta.

Estámosche moi agradecid@s, Dánae. 



05 decembro 2025

VISITA DE IAGO VARELA

 O pasado 27 de novembro veu o primeiro profesional, chamado Iago Varela, para explicarnos o seu traballo como relacións públicas. 

Aprendimos moito coas súas explicacións, como por exemplo a elaborar carteis publicitarios ou facer listaxes de invitados.

Destacou que é moi importante ter nos ensaios os decorados e un calendario de organización, ter un sitio onde a xente espere e o número de cadeiras para persoas con mobilidade reducida. Ademais é necesario poñer un prazo para confirmar a asistencia, onde se celebra a ópera, o número de acompañantes, o lugar e hora.

Moitas grazas Iago! 

Estamos desexando que veñan outros profesionais a visitarnos.



17 novembro 2025

MERCADIÑO NO MAGOSTO


 O 10 de novembro fixemos un mercadiño onde puidestes mercar as cousas que fixemos a man entre todos e todas.

Moitas grazas a todas as familias por mercar os nosos produtos!

Usaremos ese diñeiro para facernos co necesario para facer a nosa ópera.

GRAZAS!


06 novembro 2025

XA TEMOS LOGO


Que significa o noso logo?
Para unhas persoas significa que estamos todos xuntos celebrando o final da ópera e que nos quedou xenial.
Para outras persoas parece que coa forza de toda a clase estamos a pechar un volcán cun tapón xigante co nome de ANIGANI.


15 outubro 2025

A nova compañía de ópera

 Ola! Somos ANIGANI, a nova compañía de ópera do Eladia Mariño.

Estamos moi emocionad@s, felices e nervios@s por todo o que vai a suceder en LÓVA este curso.

O noso nome, ANIGANI, significa “AMIG@S”, e fíxoo Ian, membro da compañía e moi importante para nós.

Pensamos que este nome representa á nosa clase porque todos somos amig@s e tamén é moi orixinal.



27 maio 2025

XASO XA TEN CARTEL !!!

XASO xa ten cartel !!! 😀




Custounos un pouco, pero xa temos o cartel. A estrea vai ser o próximo 6 de xuño. A obra titúlase: "A PARTE AMARGA DO 🧁PASTEL🧁",nome que eliximos moi recentemente. A obra vai ser en usos múltiples do noso colexio (Eladia Mariño). Vai haber dous pases: 1º para os nenos/as do colexio a unha da tarde e o 2º para os pais, nais e invitados especiais as cinco da tarde. A entrada vai ser completamente gratuíta, pero só podes vir se tes invitación, por suposto.







Un saúdo,


XASO.




Aquí tendes unha foto do cartel:











23 abril 2025

Visita de Clara

Ola! Hoxe día 14 de febreiro veu Clara (a directora do colexio) a ensinarnos como é ser directora.



A visita foi na hora de inglés para así non perder tempo de LÓVA. Na profesión de direción hai que ser duro/a, optimista para non extresar ao resto da compañía e ser tamén responsable.

Nós non sabiamos nada da súa visita ata que veu, colleunos por sorpresa! Foi unha sorpresa moi agradable xa que Clara foi a nosa profesora durante catro anos.


Unha aperta,


XASO.

XA TEMOS PROFESIÓNS!

Hoxe 14 de marzo déronnos... as profesións!!!

As profesoras xa se decidiron sobre as profesións. Ninguén se esperaba o que estaba a acontecer, xa que todos os días lles preguntábamos: Cando nos dades as profesións ? E por un día que non lles preguntamos, nolas dan.



A todos gustáronnos as nosas profesións, a demais todas as profesións as habíamos posto na ficha de eleccións. A cada un déronlle unha bolsa onde había algunhas cousas que nos poderían axudar coas nosas profesións e tamén algún agasallo.




Ata o próximo día,




XASO compañía de ópera.




O JOFRE





Hoxe XASO compañía de ópera foise a visitar o teatro Jofre, para aprender máis información sobre como son os teatros por dentro.




Ensináronos onde sentábase as persoas máis importantes, e incluso leváronos as butacas de enriba de todo. E coidado coas persoas que teñan vertixe, porque ao mellor lévanse un gran susto 😨. Vimos moitas cousas , entre elas o escenario e o camerino onde maquillan aos actores, foi alucinante. Todo era moi bonito, xa que un electricista do teatro ía cambiando a luz do escenario.




Explicáronos como é unha caixa negra (por certo unha caixa negra son uns panos negros que poden ampliar ou diminuír o fondo).




En todo caso foi alucinante.




Ata a próxima!!!







XASO

20 febreiro 2025

Luns 17 de febreiro do 2025 ELECCIÓNS DAS PROFESIÓNS

 

Estamos moi nerviosos porque o pasado venres 14 de febreiro déronnos un papel onde tiñamos que escoller tres profesións para a

compañía. Que decisión tan difícil! Menos mal que tivemos todo o

fin de semana, que alivio!

Agora estamos impacientes porque están facendo entrevistas a algunhas persoas da nosa clase, que profesión nos tocará? Somos demasiado impacientes, queremos sabelo xa!

Esperemos que nos toque a que nós queremos.

Unha aperta

          

         XASO.

VANESA VISITA A NOSA COMPAÑÍA

 

OLA! Somos XASO compañía de ópera. Imos  explicarvos a visita de Vanesa á nosa clase. Os dous últimos venres veu ao noso cole a profesional Vanesa. Ensinounos moitas cousas sobre a perruquería e maquillaxe.

 

O primeiro venres explicounos a profesión de maquilladora. Impresionounos a súa chegada, porque viña maquillada con moitas  feridas na cara. Comentounos que as maquillaxes  tiñan que ser moi esaxerados. Aprendemos como facer feridas moi realistas, maqillar alguén de anciá...

 

O segundo venres veu para explicarnos como facer algúns peiteados ou poñer extensións ou perrucas. Escolleu voluntarios para ensinarnos alisar ou ondular o pelo con planchas, e engominar a alguén... E recomendounos algúns peiteados para os personaxes da nosa ópera.

 

E ata aquí toda a información sobre as visitas de Vanesa. Vémonos na próxima entrada do blog!

Un saúdo, XASO compañía de ópera.